
A quinta edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal celebrarase os días 5, 6 e 7 de novembro de 2025 no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela), convertendo de novo a nosa comunidade no epicentro da seguridade dixital cun programa que combina relatorios maxistrais, debates e obradoiros prácticos.
cloud.gal, a nube galega, participa este ano como patrocinador do encontro, reforzando o seu compromiso coa ciberresiliencia e coa soberanía do dato nas empresas de Galicia. Durante as tres xornadas presentaranse novidades do ecosistema de servizos da compañía e haberá espazo para demos técnicas e networking orientadas a plans de continuidade de negocio e recuperación ante desastres.
O programa estrutúrase en tres bloques dirixidos á Administración pública, ao tecido empresarial e á cidadanía, cun foco específico en escolares e adolescentes, e incluirá actividades divulgativas, competicións e sesións prácticas sobre retos actuais da ciberseguridade e sinerxias coa intelixencia artificial.
O evento está organizado polo Nodo CIBER.gal e a AMTEGA, e conta coa colaboración do CPEIG.
Inscricións
A participación é gratuíta con prazas limitadas. As inscricións xa están abertas na páxina oficial do encontro.